Outonoten sono,

non pode durmir.

Ponlle unha mantiña

que se queda axiña

sereno e feliz.


Utilizo este poema con fines didácticos de As catro estacións de Antonio García Teijeiro, Col. Árbore, 43. Serie Laranxa. Editorial Galaxia. Vigo, 1991
out500.JPG
Outono no Parque de Rosalía de Castro

Imaxe Parque Rosalía de Castro de Marta Arias. CC BY-NC-SA


O outono no parque Rosalía de Castro de Lugo
Á dereita podemos ver unha presentación realizada cun álbum de fotografías aloxado nun álbum web de Picasa, servizo asociado á conta de Gmail que nos permite gardar imaxes. Podemos configurar os álbumes en privados ou públicos e tamén con dereitos reservados ou con licenza Creative Commons.



Parque Rosalía de Castro.Presentación con Imaxes propias aloxadas en Picassa web:

https://picasaweb.google.com/112315683548520164350.
CC BY-NC-SA

As primeiras construcións do parque datan dos anos 1909-1912, e a zona verde fora creada no ano 1925 co nome de Afonso XII. Abriuse xa a mediados do século XX a modo de Cidade Xardín, co deseño de Eloy Maquieira. Na actualidade mantén o aire de boa acomodación urbanística que xunto ás vistas panorámicas son algúns dos seus principais atractivos. na actualidade conta con algúns elementos singulares: o galpón, a pérgola e un mapa do Península Ibérica en relevo.
Conta con 3.000 m². Con zonas axardinadas e amplos paseos con moite árbore alta e vella. Dispón dun palco da música, recinto infantil e máis de corenta bancos. Os corredores principais crúzanse nun grande espazo central presidido por unha fonte enfeitada con roseiras, un dos máis comúns arranxos florais do parque. Sobre a estrutura xeométrica predomina a capa arbórea con especies de sombra e outras de gran porte entre as que cómpre salientar os abetos.
Posúe un bo número de monumentos, o da escritora Rosalía de Castro (do cal acabou tomando nome o parque), o Alcalde López Pérez e Xosé Castiñeira Pardo; Así mesmo, as entradas ao parque son múltiples por calquera dos seus costados. Existe, por outra banda, un estanque de aves acuáticas. e mais unhas grandes gaiolas paxareiras pechadas. Con todo, o máis rechamante é o pombal.
Orientado cara ao oeste sitúase un miradoiro con forma de balconada sobre o que se abre a escalinata centrada cunha pérgola na esquina esquerda. O escenario lixeiramente elevado sobre o val do río Miño permite unha boa panóramica da paisaxe lucense. O parque acada especial relevancia durante as celebración da festa de San Froilán, pois serve de espazo para atraccións, barracas e quioscos.
Colaboradores de Galipedia, 'Parque de Rosalía de Castro', Galipedia, a Wikipedia en galego, 24 de agosto de 2013, 15:36 UTC, <http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Parque_de_Rosal%C3%ADa_de_Castro&oldid=3085202> [consultado o 22 de abril de 2014]

Travesía de Doade - Augasmestas (Ribeira Sacra)


Outro sevizo gratuíto para aloxar imaxes é Flickr. Tamén nos permite etiquetar as imaxes con licenza Creative Commons.



Presentación con imaxes propias aloxadas en Flickr:Colaboradores de Galipedia, 'Parque de Rosalía de Castro', Galipedia, a Wikipedia en galego, 24 de agosto de 2013, 15:36 UTC, <http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Parque_de_Rosal%C3%ADa_de_Castro&oldid=3085202. [consultado o 22 de abril de 2014].CC BY-NC-SA